O plantel sénior A vén de desputar o primeiro encontro amigable de cara á preparación da 22/23. No campo do Buelo, en Moraña, os nosos foron quen de vencer fronte ao Moraña C.F., un dos equipos contra os que nos enfrontaremos na Preferente Galicia Sur.
Partido de probaturas, con moita cara nova e pouco adestramento, pero aínda así fomos quen de acadar unha merecida vitoria, malia o axustado do resultado (2-3).
Destacar a gran actuación individual de Dieguito, con moita 'chispa' e autor dos tres goles aurinegros. Ademais, salientar que ata sete dos xogadores saídos do conxunto Xuvenil de Liga Galega tiveron minutos, raiando a un nivel alto.
Comments