top of page
cdribadumia1959

CD Ribadumia 3 - 0 Moraña CF


Importante vitoria a colleitada polos nosos na tarde de hoxe. No encontro correspondente á 14 xornada sumamos a sétima vitoria da tempada, quinta en A Senra, onde a vitoria se nos escapaba nos últimos encontros. Enfrente, o Moraña CF, un recén ascendido á alza e con vellos coñecidos, como Fernando Novegil, asentado na Preferente no conxunto vermello.


Novamente con considerables baixas, Bati dispuxo un once con algunhas novidades respecto do encontro en Pontellas. Oscar Portas repetiu en portería, con Adri, Lima, Martin e Pei en defensa. Este último entrou no sitio de Miguel, tocado, e respondeu facendo un gran encontro. No mediocampo, Durán e Iago Portas repetiron, con Brais substituíndo a Cheri. Arriba, Rober, Nando e Dieguito.


O encontro arrincou cos nosos buscando dominar, incluíndo unha gran ocasión de Dieguito, nunha das primeiras accións do partido, solventada cunha espectacular parada do porteiro visitante. Unha nova xogada do noso extremo levou perigo sobre a meta do Moraña, se ben o pase final non tivo rematador, ao igual que un par de minutos despois, con Diego de novo como protagonista.


Mediada a primeira parte, o colexiado do encontro sinalou un penalti moi protestado a favor do conxunto visitante, despois dunha boa xogada destes. Oscar Portas respondeu cunha boa parada ó tiro de Seydou, mantendo o empate no marcador. Os visitantes aproveitaron o momento para intentar atacar, buscando tiros desde fóra da área mediante Martín, aínda que sen chegar a facer intervir a Oscar.


Os nosos responderon refacéndose, e unha boa xogada de Nando remarou co dianteiro derrubado na frontal da área. Cartón amarelo e opción a balón parado moi clara, aínda que o disparo de Brais foise desviado, sen crear perigo. Despois desta opción, espectacular balón en profundidade de Alex Durán sobre Dieguito, quen buscou a vaselina ante a saída do porteiro visitante. O rexeite foi aproveitado por Nando, que retomou a súa racha en A Senra.


Acto seguido, nova ocasión nun balón de Roberto Diz a Dieguito, pero o disparo deste marchou lonxe. O Moraña tentou reaccionar, outra vez buscando tiros desde fóra da área, pero novamente Nando, aproveitando un balón magnífico de Roberto Diz, ampliou a nosa vantaxe pouco antes do descanso.


No tempo de lecer Facu reemplazou a Dieguito, doído por un golpe. El mesmo dispuxo dunha ocasión á contra para converter o 3-0, que erramos. A partir dese momento, o Moraña fíxose co balón, aplicando unha presión intensa que lle causou moitos problemas aos nosos para manter a posesión ou crear perigo. Esa foi a tónica da primeira parte dos segundos 45 minutos.


Aarón dispuxo de dúas boas ocasións para o Moraña, en dúas bonitas xogadas individuais, pero os seus tiros non foron a portería.

Cando os nosos máis sufrían, Bati refrescou o equipo con cambios, dando entrada a Coco e Gus. Un bo balón peinado de Brais chegou a Nando, pero o disparo deste último foise alto. Coa ocasión, os nosos crearon perigo e, de paso, frearon os ataques do Moraña. Unha nova ocasión de Nando e un remate tras córner de Roberto Diz, bloqueado pola defensa, foron a antesala do terceiro tanto, moi fermoso. Un balón sobre Nando, que este deixou de tacón con moita clase, permitiulle a Roberto Diz encarar a liña defensiva. Un pase milimétrico deste foi aproveitado por Facu, que regateou ao porteiro visitante e sentenciou o encontro.


Nos últimos minutos, o Moraña volveu dispoñer dunha clara ocasión nas botas de Aarón, pero o marcador xa non se moveu.

Esta fin de semana os nosos visitan ao Portonovo, en Baltar, nun encontro bonito entre dous conxuntos case igualados na parte alta da clasificación. A seguir equipo!



137 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


bottom of page