top of page
cdribadumia1959

Aitor Díaz está de volta


O central Aitor Díaz (Marín, 1986) únese ao CD Ribadumia neste mercado de inverno, procedente do Alondras CF. A súa boa actuación levouno a participar coa selección galega na Copa das Rexións UEFA, acadando a clasificación para a fase final en outubro, nun partido en A Lomba. As dificultades laborais imposibilitaron a súa continuidade no conxunto de O Morrazo, onde estaba a ser titular indiscutible este ano na 3 RFEF. Agradecémoslle ao clube de Cangas as facilidades dadas para poder contar con Aitor, e desexámoslle o mellor na súa tempada.


Aitor volve a A Senra, pois xa estivo con nós hai 3 tempadas, no ano do último ascenso a Terceira División, tamén recordado por ser o da explosión da COVID. Así, volverá a coincidir no vestiario con moitos antigos compañeiros, coma Miguel e Eloy, que foron os seus acompañantes no centro da zaga nesa exitosa campaña, ou Roberto Pazos, Cheri, Cerqueiras e Dieguito, entre outros.


Benvido Aitor, gracias pola túa confianza e moita sorte, que tamén será a nosa!

Aitor posa coa camisola do CD Ribadumia na súa presentación.

25 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Commentaires


bottom of page