O plantel do primeiro equipo sénior vén de comezar os adestramentos preparativos para o comezo da vindeira temporada este luns, 1 de agosto. O corpo técnico, encabezado polo adestrador Ibrahim Baptiste, tivo onte a súa primeira toma de contacto sobre o céspede do campo de A Senra co plantel. Cómpre salientar que ata 9 xogadores saídos do conxunto xuvenil de Liga Galega forman parte do grupo que comezou os adestramentos.
Nas cinco semanas previas á disputa da primeira xornada de liga (programada para o domingo 11 de setembro), o equipo levará a cabo unha preparación minuciosa coa desputa de media ducia de partidos amigables.
Nos vindeiros días actualizarase a información.
Комментарии